Textos de Lois na rede

A escolma ilustrada da nosa biblio:

Facsímil da revista LOIA:

Escolma do IES de Curtis:


Tamén aquí.

Ampla escolma de Loli Cid:

Fonoteca e videoteca da recompilación da CGENDL:

…………………………………………………………………


O itinerario de Lois Pereiro

Presentacións animadas feitas por Elvira Roiz co asesoramento de Inés Sánchez.


Bac en rede

Comezamos o terceiro trimestre en 1º de bacharelato con traballo dixital nun espazo de intercambio. Os dous proxectos abertos son:
Wiki para a presentación dunha escolma literaria
Anotacións de blogue para o seguimento das lecturas


Traballo da 2ª avaliación en 4º de ESO

Que temos que facer?

 

Un texto oral (monólogo) no que se retrate a realidade social e cultural da Galiza do 1º terzo do século XX.

 

Duración do texto oral: entre 2 e 3 minutos.

 

Explicación:

Debemos identificarnos cun personaxe (real, imaxinario, coñecido, anónimo, …) da Galiza de entre 1900 e 1936. É dicir, cada alumno/a debe poñerse na pel dunha persoa que vivira nesa etapa e gravar un monólogo no que terá que:

a) presentarse: quen é?, de onde?, a que se dedica?

b) crear unha breve historia na que se mencionen feitos destacables da realidade social, cultural ou literaria da época.

 

Valoración:

Teranse en conta de xeito primordial tres aspectos: a creatividade, a calidade e fluidez do discurso e a información achegada.

 

Presentación:

O traballo é individual e debe enviarse ao profesor a través da ligazón para entrega de traballos que hai na parte superior desta mesma páxina do departamento de lingua galega e literatura. Se houbese algún problema para facelo deste xeito, comentádeo na clase para poder resolver a entrega doutra maneira.

 

Período de entrega:

Dúas semanas desde a explicación do traballo na aula.


Escoitar a poesía punzante de Lois Pereiro

Aínda que Lois Pereiro consideraba que a poesía é fundamentalmente para ler, escoitar na súa propia voz os textos amplifica máis aínda a intensidade das súas palabras. E desde a páxina-blogue loispereiro.blogaliza.org (que paga moito a pena explorar) podemos seguir o recital que deu no pub Moka (no que ofreceu tamén explicación das orixes desta poesía da experiencia), a versión musical do seu poema Narcisismo realizada por Radio Océano ou o videoclipe en homenaxe que elaborou o cantautor Manu Clavijo.

Do primeiro, extraemos estes dous poemas:


A pegada da lírica medieval

Exemplos das principais correntes poéticas e musicais que mostran influencia da poesía trobadoresca.

1. Na poesía contemporánea

1.1. Neotrobadorismo. Corrente vangardista autóctona que recrea motivos temáticos amorosos similares aos das cantigas de amigo -fundamentalmente- e que reactualiza ambientes e recursos formais de raíz medieval (paralelismorefrán…) desde a sensibilidade imaxinística contemporánea. Desenvolveuse nos 20 e 30 do s. XX e tivo continuación na posguerra. Os máximos representantes son Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro. Nos dous seguintes vídeos pódense escoitar varias pezas deste último interpretadas por Luís Emilio BatallánAmancio Prada.

“No niño novo do vento”, de Cantiga nova que se chama riveira (incluiríase logo na banda sonora do filme Pradolongo):

“A dona que ía no branco cabalo” e outras de Dona do corpo delgado:

1.2. Poesía social satírica. Vertente da poesía cívica dos anos 60 e 70 do s. XX que cultiva a sátira con intención de ridiculizar persoas concretas e grupos sociais, así como para denunciar comportamentos, contradicións e inxustizas do sistema socioeconómico e político. O cultivador por excelencia deste tipo de poesía foi Celso Emilio Ferreiro.
Velaquí un claro exemplo. Tamén o son algúns textos de Viaxe ao país dos ananos.

“Olla meu irmao”, de Celso Emilio, na voz de Miro Casabella (quen publicou un disco en 1968 titulado Miro canta cantigas de escarnho e maldizer.):

1.3. Así mesmo, algunhas producións dos e das poetas recentes inspíranse na poesía trobadoresca, como é o caso desta de Ricardo Beiras (do libro Idolatría):

Hei espertar envolto en ti
na fragancia agridoce das laranxas
as cales mondamos cos nosos vinte dedos
xogando a confundir a túa pel coa súa tona.

Hei espertar envolto en ti
no recendo amendoado das laranxas
as cales esgallamos cos nosos vinte dedos
xogando a intercambiar as nosas bocas.

Hei espertar envolto en ti
na esencia melíflua das laranxas
as cales repartimos cos nosos vinte dedos
xogando a morder cos teus dentes a miña carne e a súa polpa.

2. Na música das últimas décadas

2.1. Versións musicais actuais dos textos medievais. O citado Amancio Prada, a Nova Canción Galega/Voces Ceibes ou Uxía, entre outr@s, puxéronlle música a moitas cantigas -a maioría das cales non conservaron a partitura medieval-, conectándoas cos ritmos actuais.

Amancio Prada. “A dona que eu amo e tenho por senhor”, cantiga de amor de Bernal de Bonaval:

Miro Casabella. “O genete”, cantiga de escarnio de Afonso X:

Uxía. “Vou-me eu fremosa para El-Rei”, cantiga de amigo de Eanes Solaz:

2.2. Música actual con filiación medieval. As producións poético-musicais nas que entran en disputa dúas (ou máis) persoas, as regueifas, froito da tradición secular, conectan directamente coas tenzóns medievais. En relación con esa creatividade oral, tamén algunhas manifestacións do rap galego, pola súa crueza crítica -cun uso marcado da ironía- e polos recursos de repetición, poden lembrarnos a cantiga satírica medieval. De por parte, non é difícil atopar reminiscencias en cancións de autor, como nalgunha de Roi Casal.
Exemplos de todos eles:

Regueifas:


Máis vídeos de regueifas, aquí.

O rap de Dios ke te crew:

Roi Casal:


Presentacións de sociolingüística


Tomado de Marlou:


Escolma poética

Traballo da 2ª avaliación

en 1º de Bacharelato

Que elaboramos?

Unha antoloxía mínima da poesía galega anterior ao s. XX.

Con que partes?

  1. Presentación da escolma: que poemas a integran (título, autoría, época), orientacións para a interpretación destes (contido principal, aclaracións léxicas, estilísticas e/ou históricas) e posíbeis conexións temáticas (relación entre os poemas, se a hai).
  2. Textos escolmados. Entre 3 e 6, cunha mostra cando menos de cada un dos períodos que nos ocupan (Idade Media, Séculos Escuros, Rexurdimento). Os poemas deben estar completos, polo que será necesario asegurarse de que non se está a reproducir un fragmento.
  3. Xustificación (razoada, é evidente) da escolla de cada un dos textos. Os criterios que cómpre manexar, nunha argumentación múltiple suficientemente elaborada, son os seguintes:
  • Valor histórico-literario: importancia do texto (e/ou do libro do que forma parte) na evolución poética da época, do autor/a ou do subxénero; exporase minimamente esa evolución.
  • Valor estético: marcada suxestión dos seus recursos literarios, que haberá que sinalar e explicar a funcionalidade de cada un en relación co tema.
  • Significación histórico-social: importancia dos datos sobre a época na que foi escrito o poema (costumes, crenzas…) ou dos feitos históricos aludidos no texto (guerras, revoltas…); tamén se poden incluír as circunstancias históricas que rodean a produción (relevancia do por que/para que/onde/cando se publicou o poema). Contextualizarase nunhas poucas liñas.
  • Temática non caduca: actualidade do seu tema, que se enunciará adecuadamente nunha oración breve.

Pés posíbeis: “Este poema é relevante fundamentalmente porque…”, “Un texto verdadeiramente antolóxico, xa que…”, “Son múltiples as razóns que fan senlleiro este poema. A primeira…” [...] “Constitúe un dos mellores exemplos de…”, “A abundancia de recursos do tipo X fai que…”, “No texto recóllese un feito histórico central: …”, “O autor modula un tema universal: …”

4. Fonte da que se extraeu cada un dos textos e mais fontes de información.

No caso de obras impresas, indicaremos a autoría, o título -en cursiva-, a editorial e mais o lugar e o ano de publicación, así como a(s) páxina(s) no primeiro caso (por exemplo, ROIZ MESIAS, E. e REI ROMEU, M.: Literatura galega: da Idade Media ao século XIX, A Nosa Terra, Vigo, 2002, p. 62).

Se se trata de fontes dixitais, achegamos os datos identificativos e mais a URL, só explícita se se entega o traballo en soporte non dixital (como: Cantigas de amigo de Martin Codax, na Biblioteca Virtual Galega, consultado o 20 de xaneiro de 2011).

As fontes dos textos poden situarse nunha nota ao pé; as fontes de información aparecerán necesariamente ao final do traballo.

Con que recursos contamos?

Para a localización, o propio libro de texto, publicacións como a citada arriba ou espazos na rede, especialmente a BVG e Son de poetas (poesía musicada).

Para a xustificación, tamén o libro de texto (Texto argumentativo, Recursos literarios…), así como apoios textuais coma este, unha listaxe de figuras retóricas con exemplos (premendo no nome), a literatura galega contextualizada

Como presentalo?

Pódese realizar individualmente ou en pequeno grupo (tres integrantes como máximo; nese caso, a escolma incluirá seis textos e esixiranse resultados máis elaborados).

Presentarase en papel ou en soporte dixital. Nesta segunda opción, subindo o traballo a este espazo en crocodoc (non se precisa rexistro para engadir documentos, desde Add Document). Posteriormente, poderanse ver as suxestións ou correccións desde esa mesma url, http://crocodoc.com/HWewfq

Data límite: 11 de marzo.

Parte complementaria

+ Ilustración adecuada de cada poema con imaxes ou debuxos propios ou ben con licenza libre.

+ Recitado de cada texto gravado (se pode ser, en mp3), tras a preparación axeitada (consultando o profesor).

+ Publicación no wiki específico.

 

…..
Orixe da imaxe


O blogue do Ámbito Sociolingüístico


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.