Superación da materia pendente 14-15

Laptop Megaphone

1. Claves para a ESO

Que vías hai para superar esta materia pendente?

Tes que realizar e entregar en prazo unha serie de actividades e aprobar os exames parciais ou a materia no teu curso actual. En esquema, podes superar a pendente se:

  1. realizas satisfactoriamente as actividades entregadas e aprobas a 2ª avaliación do curso actual (ou, no seu defecto, a 3ª); en todo caso, recoméndaseche preparar os parciais, sobre todo se non aprobas a 1ª avaliación.
  2. ou realizas satisfactoriamente as actividades entregadas e superas os dous parciais.
  3. ou realizas satisfactoriamente as actividades entregadas e superas o exame final de maio.
  4. ou superas o exame final extraordinario (setembro).

Que actividades teño que realizar e cando debo entregalas?

Un conxunto de tarefas e exercicios para a mellora da competencia comunicativa. O/A profe do curso actual entregarache un caderniño a finais do 1º trimestre e terás que devolvelo resolto como máximo na data de realización do 1º parcial (xoves 22 de xaneiro ás 16:20). Isto é fundamental para conseguir o aprobado.

Entón, abóndame con aprobar a segunda avaliación do curso actual?

Posto que esta materia ten fundamentalmente contidos progresivos e a avaliación é continua, se superas Lingua galega e literatura do teu curso actual na segunda avaliación, sempre que entregues as actividades, estarías aprobado/a.

2. Claves para ESO e BAC

Que contidos se van esixir nas probas?

Os contidos a traballar e avaliar son os establecidos como mínimos para o curso da pendente na programación desta materia. Será o/a profe do curso actual quen che indique que contidos específicos entran en cada parcial.

Cales son as datas dos exames?

  • O primeiro parcial será o xoves 22 de xaneiro ás 16:20 h.
  • O segundo parcial realizarase o xoves 16 de abril ás 16:20 h.
  • O exame final está fixado o xoves 7 de maio ás 16:20 h.

3. Contidos mínimos e proposta por parciais

1º ESO

1º parcial

  • Elaboración, tanto na oralidade como na escrita, de todo tipo de producións (descricións, narracións…) atendendo ás súas diferentes estruturas formais.
  • Recoñecemento das características dos xéneros literarios (narrativa) e das peculiaridades da lingua literaria.
  • Produción de textos escritos de diferente tipoloxía, prestando atención á situación comunicativa e aos criterios de corrección ortográfica, acentual e puntual esixíbeis neste nivel.
  • Recoñecemento das clases de palabras semántica e formalmente.
  • Identificación das ideas clave e xerarquización da información máis relevante dun texto.
  • Coñecemento do alfabeto e diferenciación de sons, letras e dígrafos.

2º parcial

  • Elaboración, tanto na oralidade como na escrita, de todo tipo de producións (descricións, narracións…) atendendo ás súas diferentes estruturas formais.
  • Recoñecemento das características dos xéneros literarios (lírica e dramática) e das peculiaridades da lingua literaria.
  • Produción de textos escritos de diferente tipoloxía, prestando atención á situación comunicativa e aos criterios de corrección ortográfica, acentual e puntual esixíbeis neste nivel.
  • Coñecemento xeral da situación da lingua galega, como lingua propia de Galicia; e do plurilingüismo como un reflexo da diversidade cultural.
  • Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatoria marcados para o curso.

3º ESO

1º parcial (unidades 1 a 6)

  • Ortografía: regras de acentuación, til diacrítico, signos de puntuación. Abreviaturas e símbolos.
  • Clases de texto segundo a canle de transmisión, o tema e a intención.
  • Identificar parágrafos e a idea central.
  • Textos narrativos: narrador, personaxes, espazo, tempo, argumento.
  • Textos descritivos. Características.
  • Textos dialogados. Características.
  • Textos instrutivos. Características.
  • Textos expositivos. Características. O curriculo: estrutura e información que debe conter.
  • Textos poéticos.Características.
  • Formación da lingua galega. Historia da lingua.
  • Formación e uso das palabras. Prefixos e sufixos.
  • Familia léxica.
  • A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas.
  • Elementos básicos da linguaxe audiovisual.
  • Morfoloxía: o substantivo e adxectivo ( características, formación do xénero, do número; graos); os determinantes: clases, funcións, valores e usos especiais.
  • A literatura popular. Características. Tipos.
  • Literatura medieval: características e xéneros. Cantiga de amigo, de amor, de escarnio e maldicir. Xéneros menores. Lírica relixiosa.
  • Lingua e sociedade: o plurilingüismo; linguas da Península Ibérica e o estatus de cada unha.
  • Literatura nos séculos XV-XVIII. A situación da lingua galega nesa etapa.
  • Vocabulario.
  • Libros de lectura obrigatorios.

2º parcial (unidades 7 a 12)

  • Texto teatral. Características. Subxéneros.
  • A instancia, a solicitude: estrutura.
  • Ortografía: Siglas e acrónimos; uso de B/V, H, S/X.
  • Morfoloxía: o pronome persoal (formas tónicas, átonas; contraccións, colocación, valores especiais). O verbo (conxugación, desinencias, infinitivo conxugado, perífrases verbais).Adverbios e locucións adverbiais. Preposicións e locucións prepositivas. Conxuncións e interxeccións.
  • Literatura: Os precursores, século XIX: Rosalía de Castro, Curros, Pondal. A narrativa e o teatro (características, principais autores e obras).
  • Lingua e sociedade: características da lingua galega durante o século XIX. As interferencias lingüísticas.
  • Textos: A instancia ou solicitude. Características e esstructura.
  • As TIC: SMS; a carta e o correo electrónico. A prensa dixital. Cartas ao director.
  • Vocabulario.
  • Libros de lectura obrigatorios.

Contidos mínimos.

  • Análise e comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual (entrevista, noticia, crónica, reportaxe), e actitude reflexiva e crítica ante súas mensaxes, valorando as producións orais emitidas cunha fonética galega correcta.
  • Composición apropiada dos xéneros textuais correspondentes ao curso, en soporte papel e dixital, tanto orais como escritos.
  • Uso das TIC para elaborar textos escritos aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc.
  • Produción e revisión de textos tendo en conta os mecanismos de cohesión textual, de formación de palabras, o uso dun léxico amplo, con incorporación de fraseoloxía, de perífrases verbais, e unha puntuación adecuada.
  • Coñecemento xeral da formación da lingua galega nas distintas etapas e comprensión da situación sociolingüística galega, concienciándose do enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega.
  • Lectura expresiva e comprensiva; seguimento de audicións e visionamento de textos da literatura popular e dos tres xéneros literarios: lírica, narrativa e teatro galegos anteriores ao século XX.
  • Coñecemento das características das principais etapas da literatura galega, así como os xéneros, autores e autoras e as súas obras máis representativas anteriores ao século XX.
  • Creación de textos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula.
  • Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatorios.

BACHARELATO

(Consúltese o blogue de Pilar Ponte)

Contidos mínimos.

-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.

-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística.

-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.

-Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero e número, o grao do adxectivo, as conxuncións comparativas.

-Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lingüísticas. Outras palabras adnominais (artigo, demostrativo, posesivo, cuantificadores e identificadores). Caracterización e tipoloxía.

-Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lingüísticas. O verbo: a conxugación verbal regular e irregular. As perífrases verbais. O infinitivo conxugado. Descrición e usos.

-Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lin- güísticas. Os conectores: preposicións e conxuncións. Caracterización e tipoloxía. As locucións prepositivas. O adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.

-Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, características lingüísticas. Os pronomes: caracterización e tipos. Funcións e usos.

-A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino: principais evolucións fonéticas do latín ao galego. Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas irregulares.

-A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

-A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

-A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

-A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.

-A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios, usos e situación legal. O caso galego.

-A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de escarnio) e a lírica relixiosa (as cantigas de Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A prosa medieval.

-A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e culta. Caracterización, lectura e comentario.

-A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores coetáneos.

-Libros de lectura do curso.

Advertisements

Programación do curso 2013-14

Xa pode consultarse a programación deste curso na versión simplificada para alumnado e familias.

cartaz


2º exame de lingua galega e literatura pendente

Laptop Megaphone

No segundo parcial de pendentes, que se realizará o xoves 11 de abril, ás 16:20 h., entrarán os contidos mínimos das unidades que non se contemplaron no primeiro parcial. Especificamente:

ESO

Unidades (temas do libro de texto) 6 – última impartida.

BAC

-Actividades de competencia lingüística (menos o apartado de fonética) das páxinas: 88, 89, 112, 113, 134 e 135.
-Clasificación semántica de substantivos.
-Clasificación gramatical de palabras e locucións (no caso dos adverbios e das conxuncións deberanse indicar ademais as subclasificacións). No caso de existiren varias posibilidades, indicaranse todas.
-Localización dos trazos lingüísticos propios dun texto narrativo.
-Clasificación de textos instrutivos e localización dos trazos lingüísticos propios deste tipo de textos.
-Inventa unha oración con cada un dos seguintes termos ou expresións. Lembra que a súa extensión non pode ser inferior a dez palabras sen contar determinantes nin preposicións e que se ha de poder deducir que coñeces o significado da palabra ou expresión en cuestión. Para isto terase en conta o apartado léxico das actividades de competencia lingüística. NOTA: nesta última cuestión pode incluírse léxico dos libros de lectura.
-A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de escarnio) e a lírica relixiosa (as cantigas de Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A prosa medieval.
-A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e culta. Caracterización, lectura e comentario.
-A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores coetáneos.
-Comentario dun texto literario medieval. (Indica a época, o xénero e o subxénero dunha cantiga xustificando a resposta. / Indica o esquema de rima e métrica dunha cantiga. 7 Indica os recursos estilísticos dunha cantiga.)

O exame final, no que haberá que dar conta de todos os contidos mínimos da materia se non se superou aínda a pendente, será o mércores 8 de maio ás 16:20 h.


Información para o alumnado coa materia pendente

Na ESO, débense cumprir as indicacións entregadas xunto coas actividade. No parcial do 16 de xaneiro, ás 16:20 h., entrarán os contidos mínimos das cinco primeiras unidades (temas do libro de texto).

En Bacharelato, no primeiro parcial, que se realizará tamén o 16 de xaneiro, haberá que saber responder estas cuestións:

-Que é a comunicación?
-Que é un sinal?
-Tipos de sinais segundo a súa natureza.
-Clasifica en indicio, imaxe e signo xustificando a túa resposta.
-Que é a linguaxe?
-Elementos do acto comunicativo.
-Códigos diferentes da lingua na comunicación humana. Teoría e práctica.
-As funcións da linguaxe.
-Características do signo lingüístico.
-Que é a lingüística?
-A que nos referimos cando falamos de estudo externo e estudo interno da lingua?
-Clasificación de disciplinas lingüísticas indicando se realizan un estudo externo ou interno da lingua, o seu obxecto de estudo e sinalando un exemplo.
-A que nos referimos ao falar de diversidade lingüística? Xustifica a túa resposta.
-Que é unha familia lingüística?
-Que é o indoeuropeo?
-Que é un idioma illado?
-Clasificación das linguas segundo a súa forma.
-Que é unha lingua minoritaria? E unha lingua minorizada? En que tres situacións podemos atopar as linguas minorizadas?
-Cales son as linguas faladas na Península? Onde se fala cada unha delas? Cal é o seu status oficial?
-Segmentación mórfica indicando que é cada unha das súas partes e xustificando a segmentación con outros elementos da lingua. Clasificación da palabra atendendo á súa estrutura mórfica (simple, derivada, composta ou parasintética).
-O substantivo e o adxectivo.
-Clasificación de textos descritivos e localización dos trazos lingüísticos propios deste tipo de textos.
-Actividades de competencia lingüística (menos o apartado de fonética) das páxinas: 22, 23, 44, 45, 66, 67 e 88.
-Inventa unha oración con cada un dos seguintes termos ou expresións. Lembra que a súa extensión non pode ser inferior a dez palabras sen contar determinantes nin preposicións e que se ha de poder deducir que coñeces o significado da palabra ou expresión en cuestión. Para isto terase en conta o apartado léxico das actividades de competencia lingüística.

NOTA: nesta última cuestión pode incluírse léxico dos libros de lectura.


Blogues do departamento

Se no curso 2011-12 empregamos un blogue para organizar o labor en 1º da ESO, actualmente temos abertos varios proxectos:


Textos de Lois na rede

A escolma ilustrada da nosa biblio:

Facsímil da revista LOIA:

Escolma do IES de Curtis:


Tamén aquí.

Ampla escolma de Loli Cid:

Fonoteca e videoteca da recompilación da CGENDL:

…………………………………………………………………


O itinerario de Lois Pereiro

Presentacións animadas feitas por Elvira Roiz co asesoramento de Inés Sánchez.


%d bloggers like this: