Escolma poética

Traballo da 2ª avaliación

en 1º de Bacharelato

Que elaboramos?

Unha antoloxía mínima da poesía galega anterior ao s. XX.

Con que partes?

  1. Presentación da escolma: que poemas a integran (título, autoría, época), orientacións para a interpretación destes (contido principal, aclaracións léxicas, estilísticas e/ou históricas) e posíbeis conexións temáticas (relación entre os poemas, se a hai).
  2. Textos escolmados. Entre 3 e 6, cunha mostra cando menos de cada un dos períodos que nos ocupan (Idade Media, Séculos Escuros, Rexurdimento). Os poemas deben estar completos, polo que será necesario asegurarse de que non se está a reproducir un fragmento.
  3. Xustificación (razoada, é evidente) da escolla de cada un dos textos. Os criterios que cómpre manexar, nunha argumentación múltiple suficientemente elaborada, son os seguintes:
  • Valor histórico-literario: importancia do texto (e/ou do libro do que forma parte) na evolución poética da época, do autor/a ou do subxénero; exporase minimamente esa evolución.
  • Valor estético: marcada suxestión dos seus recursos literarios, que haberá que sinalar e explicar a funcionalidade de cada un en relación co tema.
  • Significación histórico-social: importancia dos datos sobre a época na que foi escrito o poema (costumes, crenzas…) ou dos feitos históricos aludidos no texto (guerras, revoltas…); tamén se poden incluír as circunstancias históricas que rodean a produción (relevancia do por que/para que/onde/cando se publicou o poema). Contextualizarase nunhas poucas liñas.
  • Temática non caduca: actualidade do seu tema, que se enunciará adecuadamente nunha oración breve.

Pés posíbeis: “Este poema é relevante fundamentalmente porque…”, “Un texto verdadeiramente antolóxico, xa que…”, “Son múltiples as razóns que fan senlleiro este poema. A primeira…” […] “Constitúe un dos mellores exemplos de…”, “A abundancia de recursos do tipo X fai que…”, “No texto recóllese un feito histórico central: …”, “O autor modula un tema universal: …”

4. Fonte da que se extraeu cada un dos textos e mais fontes de información.

No caso de obras impresas, indicaremos a autoría, o título -en cursiva-, a editorial e mais o lugar e o ano de publicación, así como a(s) páxina(s) no primeiro caso (por exemplo, ROIZ MESIAS, E. e REI ROMEU, M.: Literatura galega: da Idade Media ao século XIX, A Nosa Terra, Vigo, 2002, p. 62).

Se se trata de fontes dixitais, achegamos os datos identificativos e mais a URL, só explícita se se entega o traballo en soporte non dixital (como: Cantigas de amigo de Martin Codax, na Biblioteca Virtual Galega, consultado o 20 de xaneiro de 2011).

As fontes dos textos poden situarse nunha nota ao pé; as fontes de información aparecerán necesariamente ao final do traballo.

Con que recursos contamos?

Para a localización, o propio libro de texto, publicacións como a citada arriba ou espazos na rede, especialmente a BVG e Son de poetas (poesía musicada).

Para a xustificación, tamén o libro de texto (Texto argumentativo, Recursos literarios…), así como apoios textuais coma este, unha listaxe de figuras retóricas con exemplos (premendo no nome), a literatura galega contextualizada

Como presentalo?

Pódese realizar individualmente ou en pequeno grupo (tres integrantes como máximo; nese caso, a escolma incluirá seis textos e esixiranse resultados máis elaborados).

Presentarase en papel ou en soporte dixital. Nesta segunda opción, subindo o traballo a este espazo en crocodoc (non se precisa rexistro para engadir documentos, desde Add Document). Posteriormente, poderanse ver as suxestións ou correccións desde esa mesma url, http://crocodoc.com/HWewfq

Data límite: 11 de marzo.

Parte complementaria

+ Ilustración adecuada de cada poema con imaxes ou debuxos propios ou ben con licenza libre.

+ Recitado de cada texto gravado (se pode ser, en mp3), tras a preparación axeitada (consultando o profesor).

+ Publicación no wiki específico.

 

…..
Orixe da imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: